![]() |
|
Spaces home De Capitán po NortePhotosProfileFriends | ![]() |
|
10/10/2006 Regata do MariscoSábado 7 de Outubro do 2006. 24 Anos despois. Xuntamonos no Mar do Grobe unha ducia de Dornas para cerebrar un ano mais que ainda queda marisca nas rias (Ou eso din). Unha vez mais, a Bicoca por Portonovo nunha regata. O tripulante do Grobe, Rafita, que xa estivera nunha patxanga "A Copa Nejra" (recén rebautizada) a bordo da Bicoca. Pois desa ducia de dornas, acabamos na septima posición, a pesar que chegamos a ir quintos, pero Pepe Garrido coa Bichasa, e Pablo coa Siña María pasaronnos nos últimos largos. En conclusión, que foi boa regata, non estivo mal. 9/6/2006 Regata do AlbariñoSábado 2 de Setembro. Cambados. 16:30 horas. A Bicoca forma parte da lista de participantes da Regata do Albariño, a primeira competición na que participa. A dorna promete, é mais, ten que prometer!. A bordo dela, eu (Anxo de Korea) patroneando, e Rafa (O Cuñao) de tripulante. Ben é certo que ainda nos estamos a compenetrar, pero a tripulación tamén promete.
Coma sempre, comeza o día con dificultades. Rafa pasa a modo stand-by polo tema do verquido no UMIA. A sua participación pende dunha chamada. Seguimos coas dificultades unha vez chegados ao peirao de San Tomé, en Cambados; baixamar e fango ata os collóns. Pero somos fortes e safamos a papeleta. Sin coñecer o percorrido da regata (non se nos entregou o papelote...) puxemonos a dar voltas pola saida, ata que toca o bocinazo de un minuto para a saida. No mesmo tempo que pitaba a bocina, o manconctro de Rafa sonou; Houbo mencios especiais á Virxen Maria e por suposto pra tódolos santos, "A Bicoca xuraba por todas bandas". Nese minuto tiven que deixar a Rafa nunha planeadora e tomar a saida eu só e facer un bordo pra safar do espigón de Tragove. Menos mal que Luis, un companheiro portugués apuntouse a rematar a regata comigo.
Todo o terreo que se perdeu na saida e na abordaxe da planeadora pra coller "comapnhía" foise recuperando pouco a pouco ata ser cinco as dornas que adiantou a Bicoca.
Seguramente mellorable, pero moi boa a regata.
Graciñas a Luis pola súa companhía.. 8/24/2006 Concentración de Bueu 06O vernes 18, logo de botar a Bicoca ao mar, puxemos rumbo a Bueu na Jatiña. Acompanhabanos moi de cerca o Sapoconcho de Víctor, que moi amablemente nos truxo de volta pra Portonovo. O sábado á manhá, mai tarde do previsto (coma sempre) volvemos facer a mesma travesía, esta vez coa Bicoca, sendo a primeira travesía a vela da nova embarcación da asociación. Iamos eu e Telmo, e á popa permanecía o Reina de África, patroneado por Piñeiro que non era capaz de darnos alcance.
Da concentración, decir que foi unha maravilla; o vento foi moi bo, pero mellor foi a comida e bebida. O sábado de tarde houbo unha regata paseo na que a Jatiña levou o premio á embarcación mais festeira.
Xa no domingo, amaneceu o día con calma chicha e todos pensabamos que iamos ir a remos pra casa, pero o vento apareceu, e soplou bastabte ben. Pola tarde, despois de comer, de volta a casa. A Jatiña, con Telmo, Jabuchi e Nardo, e a Bicoca, con Anxo e Kiko chegaron a porto sen ningún contratempo. E por si acaso pasara algo, o Reina de Africa sempre "cotrolando". Unha auténtica maravilla. Longa vida á BICOCAVenres 18 de Agosto de 2006, "Día do Can" en Portonovo e día da botadura da nova dorna da Asociación, A "BICOCA", que logo dun ano de preparativos, tocou o ansiado mar no que navegamos.
A Dorna foi apadrinhada por Jonás, o cal lle estampou unha botella de Ribeiro cedida pola Batea para tal ocasión. No acto solemne estivemos presentes parte dos companheiros da asociación, así como achegados e curiosos toristas. Botouse en falta a algunha xente, que por motivos de traballo ou porque non se enteraron non estiveron no lugar. Tamén se botou en falta ás senhoras "Jaita" "Pandeireta" e "Empanada", pero soubemos sair do paso sen elas. Haberá que contar con elas para o primeiro aniversario da nosa BICOCA... 6/15/2006 A andarVendo que todo isto dos Blogs parece interesante para compartir cousas persoais; xa sexan ideas, aventuras, historias, fotos, información, ou incluso mentiras, dispoñome a configurar o conto este para compartir todo esto mecionado anteriormente. Todo e mais. Púxenlle o nome "De Capitán po Norte", así que vai estar enfocado un pouco cara o mundillo das dornas e demais aventuras nas que ando inmerso nesta época do meu ciclo de vida. Xa vos irei contando detalles, así como de onde saiu este nome tan peculiar que lle din ao Blog.
Un saúdo para todos, SAÚDE e BIRRA FRÍA. |
|
|